Festival FKM

Festival especializado nos xéneros fantástico, ciencia ficción e terror.

Un punto de encontro entre a creación cinematográfica galega e a internacional, con diferentes actividades: proxeccións,  concertos, exposicións, conferencias, obradoiros e seminarios. A XI edición será do 12 e 20 de outubro na Coruña  e a  Zombiewalk o 31 de outubro.

Próximos eventos

Sección Competitiva

Programa didáctico

Para todos os públicos

Programa formativo

Domingo 13 ás 17:00h
Fundación Luis Seoane

Como se vía o futuro máis aló da cortina de ferro? Cal era a idea dun apocalipse no cinema do bloque comunista?

Xoves 17 ás 11:30h
Fundación Luis Seoane

Dobre relatorio no que participarán Xosé Nogueira (USC) e Fernando Agrasar (UDC)

Actividades paralelas

Regresamos outro ano máis con este formato propio que xa é unha cita imperdible na cidade. Nesta ocasión Lois E. Froiz  erudito do cinema baterase con un peso pesado da escena musical da cidade, o grande Álvaro Dorda. Sorte aos contrincantes!

Exposición XXL de Xurxo G. Penalta, un percorrido pola obra do ilustrador galego con ilustracións en formato xxl, que poderá visitarse ata o vindeiro 27 na Fundación Luis Seoane.

Zombiewalk

Outro ano máis a zombiewalk pecha o festival na noite do Samaín. Nesta ocasión teremos a presentación dun segundo número do fanzine MATANZA CANÍBAL. Ademáis do clásico maquillaxe zombi para todas as persoas que o desexen, teremos ao gran mestre Alberto Hortas facendo unha maquillaxe de exhibición y para pechar una festa no Meliora con un concurso de caracterización zombi.