Esta sección leva sendo o motivo principal da celebración do festival que ano tras ano aumenta en repercusión, xa que o premio principal recaeu nas pasadas ocasións en países tan diferentes como Irlanda, Australia, Noruega. Estados Unidos ou Finlandia.

A convocatoria faise mediante concurso público internacional (ao que se presentan unha media de 400 curtametraxes de todas as partes do mundo) por medio de plataformas de inscrición online.

O Primeiro Premio é outorgado por un xurado internacional, o Percebe Mutante de Bronce. O Segundo Premio, outorgado polo público asistente mediante votación en sala, consiste nun Percebe Mutante fabricado en resina e pintado a man por un artista galego.

Esta é a selección oficial do Concurso Internacional de Curtametraxes FKM2019. Proxectaranse en sesión dobre no CGAI.

O xurado encargado outorgar o percebe de bronce está composto por:  Sonia Méndez, Marcos Nine e Alberto Vázquez. E na propia sala durante as proxección se votará o premio do público.

VENRES​ ​18 OUT 18:00h

CGAI
Entrada libre ate completar aforo

Tu último día en la Tierra (Marc M Jordán, 2019) 12’ España

Swipe (Niels Bourgonje, 2019) 6’ Holanda

Yo monstruo (Paco Ruiz, 2019) 14’ España

Abuelita (Wiro Berriatúa, 2019) 12’ España (sub esp)

Horrorscope (Pol Diggler, 2019) 4’ España (sub esp)

Sonrisas (Javier Chavanel, 2019) 13’ España

NOM (Ángel H Suárez, 2019) 10’ España

Condamned (Octavi Espuga, 2018) 12’ España

Bailaora (Rubín Stein, 2018) 15’ España

VENRES​ ​18 OUT 20:30h

CGAI
Entrada libre ate completar aforo

La guarida (Iago de Soto, 2018) 15’ España

Extintor / Capsule (Rodrigo Sopeña, Joana Solnado, 2019) 4’ España

Out Of The Realms (JJ Torres, 2019) 18’ España

Capitán Kinesis (Carles Jofre, 2019) 11’ España

Zoo (Mathilde Surieux, 2019) 7′ Francia

Hoy no va a llover (Lautaro Herrera Batallán, 2019) 12’ Galicia

Norman (Gigi Romero, 2019) 3’ España

La noria (Carlos Baena, 2018) 12’ España

Panic Attack (Eileen O’Meara, 2018) 3’ EUA

Mi Nombre es Koji (David Muñoz, 2019) 8’ España