Sección que salienta o cinema galego tanto a través de producións autóctonas como foráneas con protagonismo galego, títulos que invitan ao debate sobre a produción galega ou coa cultura galega como tema principal. Tanto polas proxeccións ou, de maneira reflexiva, a través de mesas cadradas nas que participan profesionais vinculados ao audiovisual galego.

SÁBADO 19 OUT 18:00H

CGAI
Entrada libre ate completar aforo

Las Brujas de E’lente (Simón Vázquez, 2018) 112’ Galicia

Presentada polo director.

E’lente, o fillo do Demo, destinado a sementar o caos na Terra, foi arrebatado dos brazos do seu pai. Divos escondeuno entre os mortais, lonxe das garras do mal, para así protexer a súa creación. Pero o Diaño non está só: conta con aliadas na superficie destinadas a buscar ao seu vástago perdido. Escravas famentas de medo, devoradoras de almas. Bruxas…

Aínda que todo isto non é máis ca lembranza dun vello conto infantil na memoria de Eva. Despois de dez anos recluída nun internado, lonxe da súa irmá, a moza regresa ao que unha vez fora o seu fogar para liberala das garras dos seus crueis pais. Eva volve decidida a atoparse co seu pasado ignorando os perigos que lle esperan, acontecementos que cambiarán o seu mundo por completo.Your Content Goes Here