O FKM aposta pola divulgación de contidos relativos ao cine entorno ao xénero. Un espazo aberto a todo o público onde podan ter cabida perfís máis profesionais. Para iso en cada edición unha persoa de relevancia nos estudos cinematográficos, afondará sobre un tema proposto en relación coa temática do festival, ou que poña en valor diferentes técnicas dentro da produción audiovisual, en formato Masterclass.

Outro formato xa consolidado tras varias edicións son estas mesas redondas, denominadas “Mesas Cadradas”, onde participarán directores internacionais, actores, ilustradores, produtores e un longo listado de invitados. Estas mesas “cadradas” son un espazo reflexivo e de intercambio entre os profesionais e o seu público, tanto estudantes de audiovisual, comunidade universitaria e de formacións superiores, como público xeral. Acollerán temáticas especialmente adicadas ao cinema galego. Celébranse nos diferentes espazos que albergan o festival (Centros cívicos ou museos).

MASTERCLASS: Lois E. Froiz. “Golems, orfos, heroes e avoas: O cinema distópico da Europa comunista”

DOMINGO 13 OUT 17:00H

FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Entrada libre ate completar aforo

MasterclassComo se vía o futuro máis aló da cortina de ferro? Cal era a idea dun apocalipse no cinema do bloque comunista?
Lois E. Froiz responde a estas preguntas nunha masterclass na que profundizará no cinema distópico da Europa do lado leste do muro, explicando as súas motivacións sociopolíticas e descubrindo unhas cinematografías demasiadas veces esquencidas. Juraj Jakubisko, Piotr Szulkin, Konstantin Lopushansky, Oldřich Lipský, Andrzej Żuławski, Wojciech J. Has ou Georgi Daneliya serán algúns dos cineastas, de impronunciables nomes que poderemos escoitar e analizar.

Lois E. Froiz

Tras licenciarse en Comunicación Audiovisual e despois de traballar en diversas producións nos medios galegos, Lois E. Froiz comeza a adicarse ao estudo do cinema, chegando a emigrar a Praga durante dous anos para elo. Ten publicado artigos e ponencias en medios e congresos de todo o estado, e na actualidade está a rematar a súa tese doutoral, centrada no cinema surrealista centroeuropeo durante a etapa comunista. Combina esta labor cos seus traballos de montador, profesor de montaxe e ocasionalmente director de curtametraxes, videoclips e documentais.

Golems, orfos, heroes e avoas: O cinema distópico da Europa comunista

Mesa cadrada: Utopías e distopías

XOVES 17 OUT 11:30H

FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Entrada libre ate completar aforamento

Dobre relatorio no que participan: Xosé Nogueira (USC) e Fernando Agrasar (UDC)

Modera: Tonecho Otero (FKM)

“A utopía e a distopía no cinema e outros formatos audiovisuais”

Percorrido pola historia do cinema no que se analiza a temática da utopía e o seu “reverso tenebroso”, a distopía. Dende as primeiras manifestacións fundacionais procedentes da literatura, ás versións cinematográficas nas que, máis aló da inxenuidade e bucolismo propios da utopía, será a distopía a que acade unha maior proxección, como o demostran as pioneiras Aelita: Reina de Marte (Yákov Protazánov, 1924) ou Metrópolis (Fritz Lang, 1927). Facéndose eco das preocupacións de cada momento histórico, o cinema distópico explorou temas coma o da loita do individuo fronte o sistema alienante, a falta de recursos naturais, o ecoloxismo, a inseguridade cidadán, a guerra nuclear, a rebelión das máquinas, o medo ás intelixencias artificiais, o mundo militarizado, entre moitos outros medos colectivos que coincidían todos en dirixir á humanidade ao apocalipse.

Xosé Nogueira (USC) é Doutor en Historia da Arte e profesor de Historia do Cinema e Cultura Audiovisual Contemporánea.

A utopía e a distopía no cinema e outros formatos audiovisuais

“Arquitecturas relativas”

As utopías arquitectónicas son o reflexo construído do impulso dunha nova sociedade, drásticamente alonxada do presente. Cando nos situamos nun punto diferente da orixe daquela poderosa forza transformadora, a perspectiva deforma a fermosa promesa dun futuro feliz, facéndoa parecer un monstro. Outras posicións ideolóxicas, ou o cambio de perspectiva cultural, transforman a luminosa utopía en sinistra distopía. As arquitecturas que ofrecían un rechamante porvir e resultaron ser un pesadelo, sucedéronse ao longo do tempo. “Arquitecturas relativas” ofrece un percorrido por aqueles edificios a cuxas portas chamamos para atoparnos con Henry Jekyll e recibiunos Edward Hyde.

Fernando Agrasar (UDC) é Doutor en Arquitectura e Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, ademais de profesor titular da área de Composición Arquitectónica.

Arquitecturas relativas