A ZombieWalk é unha marcha de seres fantásticos que percorre as rúas da cidade, xa é un clásico dentro da celebración do festival. Este ano o festival contará outra vez con este evento pero nunha data posterior á clausura do mesmo. Será o 31 de OUTUBRO, Día de Defuntos/Samaín/Halloween.

A temática estará inspirada nos Superheroes, invitando aos participantes a acudir disfrazados dos seus superheroes favoritos, que serán zombificados.

Outro ano máis a zombiewalk pecha o festival na noite do Samaín.

Pechando a programación o último día de outubro, na véspera do día de defuntos, a noite do Samaín, terá lugar a tradicional Zombiewalk coa colaboración do Concello da Coruña, que contará co clásico concurso que premiará a mellor caracterización.

MAQUILLAXES PREVIA CITA ABERTA AO PÚBLICO

Durante toda a tarde, desde ás 18:00h  na sede da ONCE situada no Obelisco, o noso equipo de Maquillaxe FX caracterizará (por 5€) a todas as persoas que fixesen a súa reserva escribindo a sfx@festivalfkm.org

MAQUILLAXES DE EXHIBICIÓN

Este ano, a cita coa maquillaxe FX virá da man de Alberto Hortas (El Laberinto del Fauno, entre outras, e nomeado aos Premios Goya) que ofrecerá una masterclass de exhibición na que se poderá ver todo o proceso de caracterización e aprender a técnica maxistral deste gran mestre. A partir das 20:00h na sede da Once no Obelisco.

ZOMBIEWALK

CONCENTRACIÓN NO OBELISCO 22:00H

Congregamos a todos os zombis para conxurar a apocalipse zombie. A 9ª ZombieWalk sementará o terror nas rúas da cidade unha vez máis, zombificándoo todo ao seu paso, até chegar ao Pub Meliora (Praza Juan Naya Nº 5), para a entrega de premios do…CONCURSO ZOMBIEWALK, que premiará á mellor caracterización que participe no rueiro. O premio consistirá nun kit de maquillaxe e materiais FX, cortesía de FORMX e algunha sorpresa máis.

ZOMBIE ANIMAL PARTY.

A partir das 23:00h no pub Meliora (Praza Juan Naya Nº 5) comeza a festa, con chupito macabro gratis para zombis.

PRESENTACIÓN DO Nº 2 DO FANZINE “MATANZA CANÍBAL” ás 19:00 h

En colaboración con Alita Cómics. Participan: Luis Sendón, Tonecho Otero e Lois E. Froiz.
Na librería Alita Cómics, rúa Orzán nº 94 ás 19:00h da tarde.

Presentación dun novo número do fanzine adicado ao cinema de terror galego editado por FKM e Altar Mutante. Nesta ocasión afóndase no cinema fantástico de Amando de Ossorio, con material inédito e artigos que converten este número nun monográfico de coleccionista.